Para crear un fondo de escritorio:
Creamos unha imaxe nova co tamaño de resolución da nosa pantalla. Por exemplo, 1280x800 pixels.
Agora imos a Filtros->Renderizado->Nubes->Ruido sólido. Con un nivel de detalle 15 e o tamaño dos eixes ao máximo
A continuación aplicaremos Filtros->Artístico->Viñeta, con un radio de máscara de 5 e unha porcentaxe de negro de 1,000
Para crear as “fibras” que forman a base deste efecto aplicamos Filtros->Desenfoque de movemento no modo Acercamento (Zoom) e a lonxitude a 100. IMPORTANTE: Na ventá deste filtro deshabilita a “vista previa” antes de mover os niveis para evitar que se colgue o ordenador. Pincha en aceptar e espera un intre ata que se cargue por completo a barra verde no fondo da pantalla.
Para mellorar o resultado repetimos este filtro cos mesmos valores. Para iso pincha en Filtros->Repetir “Desenfoque en movemento”. Volve a esperar ata que remate a aplicación do filtro.
Como último filtro aplicamos Filtros->Distorsións->Remolinos e aspiración, con un ángulo de remolino de entre 105 e 120, a Cantidade de pellizcos en 0,01 e o radio en 1.
O resultado de todos estes efectos será unha especie de molinete en branco e negro, que servirá como base para conseguir a imaxe final.
Agora duplicamos a capa (Capa->Duplicar capa) e volteámola ca opción Capas->Transformar->Voltear horizontal.
Cambiamos o modo de fusión a “clarear solo”. Para isto imos a ventá de capas e no despregable de modo eliximos “Clarear solo”.
Unimos todas as capas facendo clic dereito sobre as miniaturas das capas e seleccionando a opción “aplanar imaxe”.
Para darlle cor a imaxe resultante utilizamos a opción Color->Colorear.
Para rematar a nosa imaxe tamén podemos cambiar os Niveis, a Luminosidade ou a Saturación.

No hay comentarios:
Publicar un comentario